O poder das terapias 

complementarias 

con rigor científico

En Naturiza unimos natureza, ciencia e tradición a través de kits de cultivo sostibles, plantas aromáticas e medicinais e obradoiros educativos. Desde Lugo, recuperamos a sabedoría das persoas maiores, fomentamos o intercambio entre xeracións e creamos materiais inclusivos e accesibles para todas as persoas. Aprende a cultivar, compartir coñecementos e descubrir os beneficios da natureza con información avalada pola ciencia.

Coñece noso equipo

Detrás de Naturiza hai un equipo de alumnado e profesorado que une coñecementos, creatividade e ilusión para impulsar un proxecto innovador, sostible e comprometido coa saúde e a natureza

Equipo de sanidade

Equipo de carpinteria e moble

Equipo de Fabricación mecánica

Equipo de electricidade e electrónica

Qué ofrecemos en Naturiza

Unimos a tradición botánica coa evidencia científica para que integres as plantas medicinais na túa vida diaria de forma segura e consciente.

Plantas medicinais

Variedades vivas e secas cultivadas con esmero, acompañadas de guías claras sobre as suass propiedades e aplicacións terapéuticas.

Semillas botánicas

Semillas viables con fichas técnicas detalladas sobre tempos de sembra, rego e coidados específicos para o teu horto medicinal.

Obradoiros prácticos

Obradoiross presenciais en Lugo onde aprenderás a elaborar preparados, tisanas e identificar especies vexetais útiles.

Asesoría botánica

Resolvemos as túas dúbidas sobre doses, interaccións e métodos de cultivo para que utilices cada planta con total confianza.

 Filosofía verde

Naturiza nace da ilusión de unir a sabedoría tradicional sobre as plantas coa ciencia, a innovación e o respecto polo medio ambiente. Desde o CIFP Politécnico de Lugo, desenvolvemos unha miniempresa educativa e sostible que aposta polo deseño de kits de cultivo de plantas aromáticas e medicinais, elaborados con materiais responsables e acompañados de información científica accesible. A través de obradoiros prácticos, recursos dixitais e experiencias compartidas entre xeracións, queremos achegar a natureza a todas as persoas, fomentar hábitos saudables e demostrar que cultivar unha planta tamén é cultivar coñecemento, benestar e sustentabilidade.

Ciencia  natureza en equilibrio

En Naturiza non só ofrecemos plantas e kits de cultivo: achegámosche o coñecemento necesario para descubrir as súas propiedades, os seus usos tradicionais e as súas posibles contraindicacións. Combinamos ciencia, tradición e innovación para ensinarche a cultivar e coidar cada especie de maneira sinxela, segura e sostible, fomentando o benestar e o respecto pola natureza.

"Los obradoiros en Lugo son una maravilla. Aprendí a cultivar lavanda y caléndula con explicaciones científicas muy claras y prácticas."

Marta Gómez

"Compré semillas y plantas a través de la tienda online y la información técnica que incluyen marca totalmente la diferencia. Un servicio impecable."

Carlos Ferreiro

"Un espacio imprescindible para quienes buscamos terapias complementarias con base rigurosa. El trato en tienda física es excepcional."

Laura Vázquez

Aprende y cultiva bienestar con nos

Tanto se queres crear o teu propio xardín de plantas aromáticas e medicinais como se desexas descubrir os seus beneficios e usos tradicionais, en Naturiza acompañámoste con kits de cultivo sostibles, obradoiros prácticos e información respaldada pola ciencia. Desde Lugo, achegámosche a natureza, a innovación e o coñecemento para cultivar saúde e benestar.

Ven a conocernos

Naturiza en Lugo

Lugo, Galicia, España
Atención en tienda física y pedidos online con envíos a toda la península.